
Este é o lema da campaña que a Asemblea de Mulleres pon en marcha con motivo deste 8 de marzo. A nosa organización pegará cartaces, repartirá colantes e distribuirá un novo Activas, voceiro da Asemblea de Mulleres, centrado na denuncia da situación laboral que sufren as mozas galegas, o 125 cabodano da 1ª feminista galega, Rosalía de Castro e un breve recordatorio da historia destes 100 anos de celebración do 8 de marzo. Descárgao!!