Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Acto do BNG polo 8 de marzo

Nova: Acto do BNG polo 8 de marzo
04/03/2010

O próximo sábado 6 de marzo o BNG celebrará un acto con motivo do centenario do 8 de marzo, día Internacional das mulleres e do 125 cabodano de Rosalía de Castro. Galiza Nova como non podía ser doutro xeito participará activamente do mesmo. O acto comezará ás 11:30 no Pazo de Lestrove en Dodro coa intervención de María Mendez, Mª Pilar García Negro e Guillerme Vázquez. Seguidamente ás 13h haberá unha visita á casa museo de Rosalía de Castro. Animámosvos a que acudades e que vos anotedes chamando ao 981555850.