Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Máis actividades da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova!

Nova: Máis actividades da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova!
30/03/2010

No marco da campaña As mozas galegas, o motor do país. Que non nos paren!  que a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova está a desenvolver, tivo lugar o pasado sábado 20 de marzo un acto en Xinzo de Limia. No mesmo houbo as intervencións de Teresa Devesa, Tereixa Paz, Teresa Moure e Alba María Feixóo, que abordaron diferentes cuestións, desde unha análise da situación laboral das mozas na Galiza até á problemática concreta das mozas do rural. Así mesmo tamén tivo lugar o mércores 24, ás 20:30 horas na Aula 9 da Facultade de Dereito de Compostela un acto no que María do Pilar García Negro abordou a importancia da figura de Rosalía como precursora do feminismo na nosa nación. Nos vindeiros días a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova continuará a organizar actos nas diferentes comarcas do país dos cales te animamos a participar!