
Nos últimos tempos, ante a proposta de reforma da regulación do aborto, estamos asistindo a un intenso debate. Por parte dos sectores máis reaccionarios da sociedade criminalízase ás mulleres polo simple feito de querer elixir cando e como ser nais. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova sempre defendimos o dereito das mulleres a decidir sobre a nosa propia vida e por iso cremos necesario reivindicar a importancia dunha reforma lexislativa que por fin recoñeza esta cuestión.