
Como saberás o próximo 25 de Novembro é o día Internacional da Eliminación da Violencia de Xénero. Neste sentido, un ano máis Galiza Nova e nomeadamente a súa Asemblea de Mulleres participará nos actos e concentracións convocados para denunciar esta lacra e esixir máis medios e recursosa para a súa erradicación. É fundamental que a mocidade tome consciencia de que a violencia contra as mulleres é unha espiral que vai alén do recoñecíbel nos medios de comunicación de masas. Esta violéncia maniféstase a diario de múltiples xeitos, os máis dramáticos e evidentes son os malos tratos, violacións ( entre o 35 e o 40% das mulleres emparelladas sofren vexacións físicas ou psíquicas). Pero existen outros máis sutís e tolerados, ainda que non por iso menos lesivos para as mulleres como abusos de poder no ámbito laboral ou político, os roles de xénero...
Dende a nosa organización quremos facer un chamamento a xente nova para que asista as concentracións e actos programados con motivo desta data, mais tamén quremos deixar patente a necesidade de traballar día a día na expansión do pensamento feminista e así acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria
Relación de Actos:
A Coruña
Mércores, 25 de Novembro
Roteiro reivindicativo ás 18:00 hrs
Saída desde a Praza Pontevedra con lectura de comunicado no Obelisco
Ourense
Martes, 24 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Ferro
Vigo
Mércores, 25 de Novembro
Manifestación ás 20:00 hrs.
Desde a rúa do Príncipe (Diante do MARCO)
Compostela
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza do Toural
Ferrolterra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:00 hrs.
Praza do Ameneiral (Praza Verde) de Perlío-Fene
Pontevedra
Mércores, 25 de Novembro
Concentración ás 20:30 hrs.
Praza 8 de Marzo