
A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova desenvolverá diversas actividades durante o mes de marzo baixo o lema “As mozas galegas, o motor do País. Que non nos paren!”; con motivo da reivindicación do Día Internacional das Mulleres.
O primeiro acto será este mércores 6 de marzo na cidade de Lugo. A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, xunto co BNG e xente de diferentes colectivos da comarca, reivindicará a defensa dos dereitos das mulleres e a necesidade de racharmos co patriarcado.
Acode e participa do acto organizado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova deste mércores ás 19:30h, na praza Anxo Fernández Gomez (detrás do edificio do concello de Lugo). Agardámoste!