
O I certame de Poesía e Relato Curto María Balteira xa ten as e os finalistas. Acode ao acto de entrega de premios organizado pola Asemblea de Mulleres de Galiza Nova, que terá lugar este venres 8 de marzo, ás 20h na Casa da Cultura de Xinzo da Limia, e que estará acompañado de actuacións musicais. Ademais de dar lectura aos traballos finalistas, tamén se reivindicará nesta entrega de premios á figura de Rosalía de Castro e María Balteira.
A convocatoria deste certame de literatura feminista aberto á participación da mocidade das comarcas de Allariz-Maceda, a Limia e do concello de Taboadela, xurdiu da Asemblea de Mulleres de Galiza Nova con motivo do 25 de Novembro, co obxectivo de promover concienciación da mocidade e a loita contra a violencia machista.