
A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova na Costa da Morte organiza con motivo do 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, unha programación de actividades para este venres e sábado na que afondar na loita contra o patriarcado.
Este venres 8 de marzo, as mozas de Galiza Nova inauguran a exposición feminista “A imaxe da muller na obra de Castelao”, que terá lugar ás 21:00h no Salón de Actos do Concello de Carnota.
Para a xornada seguinte, sábado 9 de marzo, a Asembla de Mulleres de Galiza Nova organiza unha subida reivindicativa ao Monte Pindo, durante a que se partillarán versos da obra de Rosalía de Castro, para reivindicar á nosa autora fundacional e feminista no 150 aniversario da publicación de cantares Gallegos.
A saída será ás 10:00h da Praza da Solaina do Pindo. (Recoméndase levar calzado e roupa cómoda, auga e xantar).