Benvidos á paxina web de Galiza Nova

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova reivindica en Ribadeo o 8 de marzo con audiovisuais, música e lecturas públicas de Rosalía

Nova: A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova reivindica en Ribadeo o 8 de marzo con audiovisuais, música e lecturas públicas de Rosalía
06/03/2013

A Asemblea de Mulleres de Galiza Nova na Mariña organiza un acto este venres 8 de marzo para revindicar a igualdade real de oportunidades entre mulleres e homes en todos os ámbitos e de maneira destacada no laboral. Proxectarase un documental feminista e realizarase unha lectura de textos combativos contra o patriarcado.  Neste acto, que terá lugar no Bar Amodiño (Ribadeo) ás 22.30h, conmemorase tamén o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos e a figura de Rosalía de Castro coma símbolo nacional e feminista, cunha actuación musical da ribadense de Carmen Rodríguez.