PAREMOS A GUERRA IMPERIALISTA
Para as mozas e mozos que conformamos MOCIDADE GALEGA POLA PAZ declaramos que:
1.- Resulta inadmisíbel e inxustificábel atacar a un povo que vén sendo castigado brutalmente desde 1991, con sancións económicas inhumanas e bombardeos, por parte das forzas dos Estados Unidos e de Gran Bretaña ...
(Mesa redonda Clube do Mar. 16 agosto 2003)
* * *
1.- O 25 de xullo de 1947 a imaxinación quixo levar a CASTELAO da Franza a Galiza, en festa de saudades, entre outras cousas para «visitar devotamente os moitos cimeterios de Galiza, onde durmen os derradeiros mártires da Liberdade, en número incontábel» ...
O nacionalismo galego, que através da F.E.U.G.(Federación Universitária Galega) fora que de hexemonizar o Movimento Estudantil nos dias da II República terá que esperar a decembro do 72 para encetar o camiño que lle permita recuperar a hexemonia perdida tras o alzamento militar fascista.
O mércores 13 de novembro de 2002, o petroleiro “Prestige”, cargado con 77.000 toneladas de fuel-oil, lanzou unha mensaxe de auxílio no Cabo Fisterra (Galiza). Comezou asi un dantesco arrastre que acabaria co afundimento do barco perto das Illas Cies o 20 de novembro e provocando unha situación catastrófica desde o punto de vista ambiental e económico.
Cando o Cason embarrancou nas costas de Fisterra a finais dos 80, tamén ia mal tempo. É mania dos barcos. Dá-lles por ai. Agardan aos temporais para racharen e que ninguén os poida salvar. Van ás costas como as baleas aos seus cemitérios.