Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Aviso Legal

1.- Aviso e información legais

O seguinte aviso legal regula o uso do servizo da internet www.galizanova.org (en diante, "sitio web") que "Galiza Nova" pon a dispor dos usuarios da rede.

"Galiza Nova"  (en diante, "Galiza Nova") é unha organización xuvenil con domicilio social na Praza da Universidade, 5, 2º, 15704, Santiago de Compostela (A Coruña).

2.- Obxecto

A través do sitio web, "Galiza Nova" facilítalle aos usuarios o acceso e a utilización de diversos servizos e contidos postos ao seu dispor por "Galiza Nova" ou por terceiros.

3.- Condicións de uso e aceptación

O acceso e a utilización deste sitio web atribúe a condición de usuario e implica por parte deles a plena aceptación destas condicións de uso, así como daquelas particulares que se establezan para determinados servizos que as han complementar, comprometéndose a utilizar o sitio web e os servizos de conformidade coa lei, este aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e os restantes avisos, regulamentos e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados amais a orde pública.

As páxinas de www.galizanova.org poden ser visitadas libremente polos usuarios, mais exclúense aquelas que se atopan en áreas pechadas ou que esixen a inscrición nun rexistro de usuarios, o que implica cubrir o correspondente rexistro de usuario, que se efectuará na forma expresamente indicada no propio servizo ou nas condicións particulares que o regulen.

Toda a información que facilite o usuario a través dos servizos ha ser veraz. Para estes efectos o usuario garante a autenticidade de todos os datos que comunique como consecuencia da utilización de determinados servizos. De igual forma, será responsabilidade do usuario manter toda a información facilitada a "Galiza Nova", permanentemente actualizada, de forma que responda en cada momento á situación real do usuario, e a "nome da empresa" non será responsable dos prexuízos que se lle poidan causar a terceiros pola información que facilite.

Para ese efecto, o usuario absterase de utilizar calquera dos servizos con fins ou efectos ilícitos, prohibidos neste aviso legal, lesivos dos dereitos e intereses de terceiros, que de calquera forma poidan danar, inutilizar, sobrecargar, deteriorar ou impedir a normal utilización dos servizos, os equipos informáticos ou os documentos, arquivos e toda clase de contidos almacenados en calquera equipo informático (hacking) de "Galiza Nova", doutros usuarios ou de calquera usuario da internet (hardware e sóftware).

En particular, e a título só orientativo, non exhaustivo, o usuario comprométese a non transmitir, a difundir ou a pór á disposición de terceiros informacións, datos, contidos, mensaxes, gráficos, debuxos, arquivos de son e/ou imaxe, fotografías, gravacións, sóftware e, en xeral, calquera clase de material que:

  • De calquera forma sexa contrario, menosprece ou atente contra os dereitos fundamentais e as liberdades públicas recoñecidas constitucionalmente, nos tratados internacionais e no resto da lexislación;
  • Induza, incite ou promova actuacións delictuosas, denigratorias, difamatorias, infamantes, violentas ou, en xeral, contrarias á lei, á moral, e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
  • Induza, incite ou promova actuacións, actitudes ou pensamentos discriminatorios por razón de sexo, raza, relixión, crenzas, idade ou condición;
  • Incorpore, poña a disposición ou permita acceder a produtos, elementos, mensaxes e/ou servizos delictuosos, violentos, ofensivos, nocivos, degradantes ou, en xeral, contrarios á lei, á moral e aos bos costumes xeralmente aceptados ou á orde pública;
  • Induza ou poida inducir a un estado inaceptable de ansiedade ou temor;
  • Induza ou incite a involucrarse en prácticas perigosas, de risco ou nocivas para a saúde e o equilibrio psíquico;
  • Sexa falso, ambiguo, inexacto, esaxerado ou extemporáneo, de forma que induza ou poida inducir a erro sobre o seu obxecto ou sobre as intencións ou propósitos do comunicante;
  • Estea protexido por calquera dereito de propiedade intelectual ou industrial que pertenzan a terceiros, sen que o usuario obteña previamente dos seus titulares a autorización necesaria para levar a cabo o uso que efectúa ou pretende efectuar;
  • Viole os segredos empresariais de terceiros;
  • Sexa contrario ao dereito, ao honor, á intimidade persoal e familiar ou á propia imaxe das persoas;
  • De calquera xeito menoscabe o crédito de "nome da empresa" ou de terceiros;
  • Infrinxa a normativa sobre segredo das comunicacións;
  • Constitúa, no seu caso, publicidade ilícita, enganosa ou desleal e, en xeral, que constitúa competencia desleal;
  • Incorpore virus ou outros elementos físicos ou electrónicos que poidan danar ou impedir o normal funcionamento da rede, do sistema ou de equipos informáticos (hardware e sóftware) da "nome da empresa" ou terceiros, ou que poidan danar os documentos electrónicos e arquivos almacenados nos devanditos equipos informáticos;
  • Provoque polas súas características ( formato, extensión, etc.) dificultades no normal funcionamento do servizo;
  • Conteña etiquetas HTML diferentes daquelas expresamente autorizadas por "nome da empresa".

 

O usuario comprométese a utilizar correctamente os contidos postos ao seu dispor no sitio web, ao entender por estes, sen que esta enumeración teña carácter limitativo, os textos, as fotografías, os gráficos, as imaxes, as iconas, a tecnoloxía, sóftware, ligazóns e demais contidos audiovisuais ou sonoros, así como o seu deseño gráfico e códigos fonte, de conformidade coa lei, o presente aviso legal, as condicións particulares de certos servizos e restantes avisos, regulamentos, uso e instrucións postos no seu coñecemento, ademais da moral e os bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública, e en particular comprométese a absterse de:

  • Reproducir, copiar, distribuír, pór á disposición ou de calquera outra forma comunicar publicamente, transformar ou modificar os contidos, a non ser que se conte coa autorización do titular dos correspondentes dereitos ou iso resulte legalmente permitido;
  • Suprimir, manipular, ou de calquera outra forma alterar o "copyright" e demais datos identificativos da reserva de dereitos de "Galiza Nova" ou dos seus titulares, das pegadas dixitais ou de calquera outro medio técnico establecido para o seu recoñecemento;
  • Obter, e até intentar obter os contidos ao empregar para iso medios ou procedementos distintos dos que, segundo os casos, se puxeron ao seu dispor para este efecto, ou se indicaron para este efecto nas páxinas web onde se atopen os contidos ou, en xeral, dos que se empreguen habitualmente na internet.

4 .- Introdución de hiperligazóns

Os usuarios e todas aquelas persoas que teñan intención de establecer unha hiperligazón entre a súa páxina web ou portal e o sitio web www.galizanova.org deberán cumprir as seguintes condicións:

  • A hiperligazón unicamente permitirá o acceso á home page ou páxina de inicio do sitio web, pero non poderá reproducila de ningún xeito;
  • Non se creará un frame sobre as páxinas web do sitio web.
  • Non se realizarán manifestacións ou indicacións falsas, inexactas ou incorrectas sobre as páxinas web do sitio web e os servizos fornecidos.
  • Non se dará a entender por ningún modo que "Galiza Nova" autorizou a hiperligazón, ou que asumiu dalgún xeito os servizos ofrecidos ou postos á disposición desde a páxina web en que se establece a hiperligazón.
  • A excepción feita daqueles signos que formen parte da mesma hiperligazón, a páxina en que esta se estableza non conterá ningún signo distintivo, dos recoñecidos pola lexislación vixente, de que sexa titular "Galiza Nova", salvo que sexa expresamente autorizado por esta.
  • A páxina web en que se estableza a hiperligazón non incluirá contidos contrarios a calquera dereito de terceiros, nin conterá informacións ou contidos ilícitos, contrarios á moral ou aos bos costumes xeralmente aceptados e á orde pública.

5.- Propiedade industrial e intelectual

A totalidade deste sitio web (texto, imaxes, marcas comerciais, logotipos, arquivos de audio e vídeo, botóns, arquivos de software, combinacións de cores, así como a estrutura, selección, ordenación e presentación dos seus contidos) é propiedade de "Galiza Nova" e atópase protexida polo acordo Creative Commons, ao que se pode acceder desde a seguinte ligazón. Así mesmo, e sen prexuízo do anteriormente citado, o contido do sitio web ten a consideración de programa de ordenador e é de aplicación toda a normativa española e comunitaria europea vixente na materia.

Polo feito de que o usuario acceda ao sitio web, non poden entenderse cedidos ao mesmo ningún dos dereitos de explotación que existan ou poidan existir sobre os devanditos usos máis alén dos estritamente necesarios para o correcto uso do sitio web.

6.- Limitación de responsabilidade

"Galiza Nova" exclúe, con toda a extensión que permite o ordenamento xurídico, calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan deberse a:

  • Presenza de virus ou presenza doutros elementos nos contidos que poidan producir alteracións no sistema informático, documentos electrónicos ou ficheiros dos usuarios.
  • A transmisión, difusión, almacenamento, posta á disposición, recepción, obtención ou acceso aos contidos.
  • Falta de dispoñibilidade ou de continuidade do funcionamento do sitio web e dos servizos, á defraudación da utilidade que os usuarios puideran atribuír ao sitio web e aos servizos, á falibilidad do sitio web e dos servizos, e en particular, aínda que non de modo exclusivo, aos fallos no acceso ás distintas páxinas web do sitio ou aquelas desde as que se prestan os servizos.
  • O correcto funcionamento dos dispositivos técnicos de enlace (como, entre outros, banners e botóns), directorios e ferramentas de procura que permitan aos usuarios acceder a sitios web que pertencen e/ou son xestionados por terceiros. A instalación destes dispositivos técnicos ten por único obxecto facilitarlle aos usuarios a procura e acceso á información, contidos e servizos dispoñibles na internet.
  • A calidade, licitude, fiabilidade e utilidade da información, contidos e servizos existentes nos sitios ligados.
  • A utilización dos servizos e dos contidos por parte dos usuarios, ou a falta de veracidade, vixencia, exhaustividade e/ou autenticidade da información que os usuarios proporcionan a outros usuarios.
  • Os contidos que os usuarios dos foros de debate ou listas de distribución poidan introducir, ou ás opinións vertidas nos mesmos. A "Galiza Nova" non ten obriga de controlar, e non controla, a utilización que os usuarios fan do portal, dos servizos.

7.- Política de privacidade

Os usos e as regras que "Galiza Nova" segue en cumprimento da Lei Orgánica 15/99 de 13 de Decembro, Lei de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento, son os que se expoñen neste punto do aviso legal neste sitio web.

Para o uso de determinados servizos ofrecidos por "Galiza Nova", a través de www.galizanova.org requírese aos usuarios que nos faciliten algúns datos de carácter persoal, como o nome, os apelidos, o enderezo, o correo electrónico, o número de teléfono, etc.

Para estes efectos infórmaselle de que os seus datos non son incluídos nun ficheiro automatizado de datos. Consérvanse simplemente para darlle resposta á súa consulta.

Se fose necesario incluílos nun ficheiro do que é responsable "Galiza Nova", comunicaríaselle por escrito co fin de solicitar o seu consentimento. Nese caso, poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación e cancelación e enviar un correo electrónico ao enderezo nacional@galizanova.org ou por correo ordinario ou enviar unha carta a "Galiza Nova", Praza da Universidade, 5, 2º, 15704,  Santiago de Compostela (A Coruña).

8.- Notificacións

Todas as notificacións realizadas por un usuario ou terceiro a "Galiza Nova", consideraranse eficaces sempre que se realicen dalgunha das seguintes formas:

- Envío por correo postal a "Galiza Nova" con enderezo na Praza da Universidade, 5, 2º, 15704,  Santiago de Compostela (A Coruña).

- Envío por correo electrónico a nacional@galizanova.org

Se a comunicación se refire á realización de actividades ilícitas ou á infracción de dereitos de propiedade industrial ou intelectual debe achegar documentación que acredite os feitos, así como declaración expresa da veracidade dela.

9.- Duración e suspensión dos servizos

"Galiza Nova" reserva a facultade de suspender os servizos cando o estime pertinente, e en particular a aqueles usuarios que infrinxan o establecido neste aviso legal.

10.- Lexislación aplicable

Este aviso legal e todas as relacións que se establezan con "Galiza Nova" rexeranse polo establecido na lexislación do Estado español.