Benvidos á paxina web de Galiza Nova

A campaña pola Autodeterminación enche as rúas do País da man de Galiza Nova!

Nova: A campaña pola Autodeterminación enche as rúas do País da man de Galiza Nova!
15/12/2009

Continuando coa campaña que baixo o lema A nosa lingua, a nosa nación. Autodeterminación! dende Galiza Nova levamos ás diferentes comarcas do País a nosa oposición ao vixente marco constitucional e autonómico, que nega os dereitos colectivos do noso pobo.

Así, dende Compostela até Betanzos, pasando polo Salnés, Viveiro, Xinzo de Limia, A Coruña, Arzúa, Sarria, Allariz, Pontevedra, Lugo ou A Estrada, a nosa organización deixou patente que, ao igual que o ven facendo o nacionalismo galego ao longo da súa historia, opoñémonos á Constitución española porque nega a existencia da nación galega e o dereito de autodeterminación do noso pobo.

Dende Galiza Nova somos conscientes de que para avanzar na consecución de dereitos para a nosa nación é precisa a mobilización de todas e todos e que a defensa da lingua galega é tamén a defensa de Galiza como nación, por iso nos vindeiros días sairemos á rúa en contra do Partido Popular e das políticas que buscan a eliminación da nosa lingua propia.

Súmate a nós na defensa de Galiza!