
Baixo este lema Galiza Nova acudiu na mañá do pasado domingo, día 13 de decembro, á concentración convocada polo BNG en Compostela para denunciar a grave situación que está a padecer Aminatou Haidar.
Quixemos, con este acto, facer fincapé sobre a coraxe desta muller sahariana que coa súa valentía está a deixar patente a represión que sofre o seu pobo a mans do Estado autocrático e colonial de Marrocos coa complicidade do Estado español, quen non está a asumir as súas responsabilidades como ex potencia colonial na zona, e outras potencias, nomeadamente Estados Unidos e Franza, que colaboran en seguir bloqueando a celebración do referendo de autodeterminación sobre o Sáhara.
Con este mesmo motivo, tamén os e as militantes da nosa organización na comarca da Montaña realizaron un mural na localidade de Arzúa. Reafirmamos, deste xeito, o incondicional apoio de Galiza Nova á causa do pobo sahariano e a nosa solidaridade con todos os pobos asoballados do mundo que, coma o noso, loitan pola súa liberdade.