Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova estivo presente no envío de postais a Feijóo

Nova: Galiza Nova estivo presente no envío de postais a Feijóo
16/12/2009

Galiza Nova participou hoxe, xunto con membros doutros colectivos, dun acto da Plataforma Queremos Galego na oficina de correos de San Caetano en Santiago de Compostela ás 10:15 da mañá para comezar a campaña de envío de cartóns postais para lle felicitar as festas ao presidente da Xunta e convidalo a que “aproveite o Nadal para reflexionar e mudar a dirección da súa política lingüística”. No texto do postal, lémbraselle a Alberto Núñez Feijóo que “aínda está vostede a tempo de rectificar e facer posíbel que 2010 sexa o ano do necesario impulso que o noso idioma precisa. Nese camiño atopará, sen ningunha dúbida, o apoio da inmensa maioría da sociedade que quere unha lingua milenaria que sente como parte imprescindíbel de si.” O postal despídese afirmando “Eu quero galego e deséxolle que no 2010 tamén vostede queira galego”. Alén das postais a Plataforma Queremos Galego vai distribuir bandeirolas para pór en xanelas e espazos públicos, así como a edición de adhesivos para colocar nos automóbiles.