Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova estará nas concentracións convocadas en apoio a Aminetou Haidar e á causa do pobo sahariano

Nova: Galiza Nova estará nas concentracións convocadas en apoio a Aminetou Haidar e á causa do pobo sahariano
16/12/2009

Nos vindeiros días terán lugar nas cidades e cabeceiras de comarcas do país concentracións en apoio á causa da activista sahariana, Aminetou Haidar e o seu pobo. Deste xeito, e novamente baixo o lema “Queremos a Aminatou nun Sáhara libre”, Galiza Nova, xunto co BNG, impulsa estas concentracións coas que se pretende amosar a solidariedade do pobo galego coa loita do pobo sahariano, ante a represión que sofren  por parte de Marrocos as cidadás e os cidadáns saharianos que erguen a súa voz fronte ao dominio colonial.

 

As concentracións terán lugar nos lugares e datas que se detallan a continuación:

 

Santiago. Xoves 17, ás 19:30 horas, na Praza do Toural.

 

Pontevedra. Venres 18, ás 20:30 horas, na Praza da Peregrina.

 

Vigo. Venres 18, ás 20:00 horas, na Rúa Príncipe, diante o MARCO.

 

A Coruña. Venres 18, ás 19:30 horas, no Obelisco.

 

Ferrol. Venres 18, ás 19:30 horas, na Praza de Armas de Ferrol.

 

Lugo. Xoves 17, as 20:00 horas, na Praza Maior, diante do Concello.

 

Ourense. Venres 18, ás 20:00 horas, diante da Subdelegación do Goberno.

 

A Estrada. Venres 18, ás 20:30 horas, diante do Concello.