Benvidos á paxina web de Galiza Nova

A nosa nación, a nosa selección. Oficialidade para as seleccións galegas!

Nova: A nosa nación, a nosa selección. Oficialidade para as seleccións galegas!
23/12/2009

Baixo este lema Galiza Nova lanza unha campaña coa que reivindicamos a oficialidade para as nosas seleccións deportivas, ante a supresión do partido da selección galega de fútbol por parte do actual goberno do PP na Xunta de Galiza. Dende a nosa organización temos claro que esta medida responde a unha estratexia do Partido Popular  de anular politicamente a nosa nación en todos os ámbitos, ben sexa o lingüístico, o cultural ou o deportivo. Ante esta medida Galiza Nova, quen xunto co conxunto do nacionalismo galego sempre defendeu o noso dereito a contar con seleccións deportivas propias en todas as disciplinas e que foran recoñecidas oficialmente, non vai ficar parada. Por isto, ao longo dos vindeiros días sucederanse actividades en todas as comarcas da nosa nación para reivindicarmos os nosos dereitos deportivos.

Descarga de documentos: