Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Actos pola Oficialidade das seleccións galegas!

Nova: Actos pola Oficialidade das seleccións galegas!
23/12/2009

Enmarcado na campaña “A nosa nación, a nosa selección. Oficialidade para as seleccións galegas!” Galiza Nova vai celebrar diferentes actos nestes días como as que a continuación detallamos e as cales te animamos a acudir:

 

Vilagarcía de Arousa: II campionato de fútbol 5x5 polas Seleccións Galegas, días 26 e 27 de decembro, no pavillón de Fontecarmoa, de 9:00 a 20:00 horas. Anotarse no gnsalnes@gmail.com.

 

Betanzos: Torneo de Fútbol sala mixto pola Oficialidade das Seleccións Galegas, días 28 e 29 de decembro.

 

Noia: vindeiro 28 de decembro a partir das 10:00 horas no Polideportivo Municipal de Noia, Torneo de fútbol sala mixto, as e os participantes gozarán dunha paparota e as gañadoras e os gañadores do torneo recibirán unha cesta de Nadal. Anótate en campionatogzn@gmail.com.


Compostela: mércores 28 de decembro, ás 16:00 horas no Campo do Conxo, Partido de fútbol de mozas de Galiza Nova contra Mulleres do BNG. Participarán Tereixa Paz e Carme Adán, entre outras.