Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Concentracións contra o Decreto do PP!

Nova: Concentracións contra o Decreto do PP!
20/01/2010

Alí onde o estudantado non se pode desprazar á Manifestación de Santiago de Compostela convocada para o xoves 21 ás 11:30 h na Alameda, Galiza Nova está organizando concentracións de protesta contra o Decreto antigalego do PP en diferentes puntos do país. A continuación detallamos os lugares e horas de cada concentración. Non fiques na casa, vén con Galiza Nova á folga e mobilízate contra o Decretazo do PP!

 

Carballiño: xoves 21, ás 10:30 h diante dso IES n.º 1

Vilalba: xoves 21 de xaneiro, ás 20:00 horas na Praza do Concello.

Xinzo de Limia: xoves 21 de xaneiro, ás 12:00 horas na Praza Maior.

Ribadavia: xoves 21 de xaneiro, ás 9:00 horas diante do IES Tomas de Lemos.

Lugo: xoves 21 de xaneiro, concentracións da comunidade educativa ás 11:30 horas diante do Edificio da Xunta e ás 20:15 para toda a cidadanía luguesa.

Verín: xoves 21 de xaneiro, ás 11:00 horas na Praza do Concello.