
Galiza Nova está a contactar cos institutos de todo o país animando aos mozos e mozas a secundar a folga convocada para o vindeiro xoves 21 de xaneiro e explicando os motivos da mesma. Froito destes contactos un mozo de Oza dos Ríos fíxonos chegar a canción dos Carunchos Podes falar en galego para animar a todo o mundo a secundar a folga e acudir á manifestación nacional ás 11:30 horas na Alameda de Compostela. Non o penses máis e escoitaá! Porque nas aulas da Galiza queremos galego, súmate a nós!.