Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Manifestación nacional na defensa dos servizos públicos galegos

Nova: Manifestación nacional na defensa dos servizos públicos galegos
29/01/2010

Este sábado 30 de xaneiro a CIG convoca unha mobilización na defensa dos servizos públicos galegos e contra o desmantelamento que esta a impulsar o PP na Xunta de Galiza. A marcha sairá as 11:30 da Praza do Toural en Santiago de Compostela. Dende a nosa organización chamamos a secundar esta mobilización dados os intentos de reducción e privatización que ameazan o sistema público galego de servizos sociais. Previo a esta mobilización ten habido folgas e accións reivindicativas das traballadoras e traballadores despedidos deste servizo. Mais esta protesta non ten só un carácter laboral (dados os despedimentos das oficinas de I+B) senon que ten un obxectivo tamén de denuncia do desmantelamento dun servizo básico para o conxunto das galegas e galegos, como o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, máis aínda se temos en conta o contexto de crise económica. Non fiques na casa e mobilízate por un servizos públicos galegos de calidade!