
Galiza Nova participou dun debate en Correo TV xunto co resto de organización xuvenís das forzas políticas con representación no Parlamento Galego. No debate no que acudiu a Secretaria Xeral tratouse o anuncio de ampliar a idade de xubilación, os datos do emprego e a situación das Caxias galegas.
Ante o anuncio do goberno do Estado de ampliar a idade de xubilidación ata os 67 anos a nosa organización posicionouse claramente en contra por considerala un claro ataque contra os dereitos das traballadoras e traballadores e apostou pola necesidade dun novo reparto do traballo para que sexan as mozas e mozos os que se incorporen antes ao mercado laboral con postos de traballo dignos e estabeis e non coa permanencia neles de persoas maiores de 65 anos. Tamén houbo críticas ás actuais cifras do paro en Galiza por parte da nosa organización. Galiza Nova acusou ao Partido Popular de vender fume e non ter posto en marcha nin unha soa medida destinada a mellorar a situación laboral das mozas e mozos galegos. Así mesmo tamén criticou que o goberno da Xunta non estea a dinamizar económicamente o país e recordou que a Consellaría de Traballo en máns do PP só sirve para aprobar Expedientes de Regulación de Emprego. Finalmente tratouse o futuro das Caixas Galegas onde a nosa organización reclamou que o goberno do Estado non interfira nunha decisión do Parlamento galego porque sería unha grave agresión contra o futuro do país por supoñer un claro atranco para que os aforros das galegas e galegos queden en Galiza e repercutan positivamente na nosa economía.