
Galiza Nova, ao igual que o BNG ou outras organizacións nacionalistas como a CIG, vén de colaborar na campaña “35.000 para os 3 do Eixo”, impulsada pola Plataforma polo Indulto aos tres do Eixo. A través desta campaña estase a facer un chamamento a todas aquelas persoas e colectivos que poidan axudar ante a situación na cal se atopan estes tres veciños da parroquia compostelá do Eixo.
Desde Galiza nova reiteramos a nosa solidariedade con Simón, Xesús e Xosé e animámosvos a colaborar con esta causa. Para facer achegas económicas está ao voso dispor o número de conta 2091 0348 12 3040012185 (Caixa Galiza).