
O pasado sábado día 20 tivo lugar a constitución da localidade de Pontevedra. Esta asemblea constituínte contou coa presenza da Secretaria Xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, que conxuntamente coa Responsábel Comarcal, Lidia Salgueiro, explicaron ás e aos militantes a importancia do traballo local no seo de Galiza Nova. Así mesmo, Iria Aboi salientou a importancia da constitución desta Asemblea Local na única cidade gobernada polo BNG de cara afortalar o nacionalismo entre a mocidade e coa vista posta nas vindeiras Eleccións Municipais. De seguro que será moito o traballo produtivo que anunciemos a través da páxina web das compañeiras e compañeiros de Pontevedra.