Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova estivo nos actos de homenaxe a Lois Obelleiro

Nova: Galiza Nova estivo nos actos de homenaxe a Lois Obelleiro
22/02/2010

Galiza Nova participou o pasado sábado día 20 no acto de lembraza que tivo lugar no Multiusos de Arcade ao compañeiro Lois Obelleiro, finado no ano 2008. O mesmo foi organizado polo BNG baixo o título de “A loita política en tempos difíciles” e contou coas intervencións de Fernando Herrero (portavoz municipal),  Bieito Lobeira (deputado no Parlamento Galego) eFrancisco Rodríguez (membro da Executiva Nacional do BNG) Galiza Nova non podía faltar a este acto de homenaxe no que quixemos recordar o importante contributo ao traballo do nacionalismo deste compañeiro e a axuda que sempre lle prestou á nosa organización.