Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova no programa “Galicia Debate”

Nova: Galiza Nova no programa “Galicia Debate”
22/02/2010

Galiza Nova participará, a través da Secretaria Xeral, Iria Aboi, no programa “Galicia Debate”. No mesmo estarán presentes tamén as mocidades das restantes forzas políticas con representación no Parlamento Galego e abordaranse temas de actualidade como a situación laboral da mocidade, o Decreto contra o galego do PP e a planificación do Xacobeo 2010 por parte do goberno da Xunta de Galiza. Emítirase o mércores día 24 ás 23:00 horas en todas as emisoras de Localia do país. Non o perdas!