
Galiza Nova foi convidada polo sindicalismo nacionalista a un xantar organizado pola Secretaría da Muller con motivo do día Internacional da Mulleres. O acto sobre o 8 de marzo celébrase o vernes 5 cun xantar no Hotel Congreso ao que asistirán membros da propia central sindical e colectivos de todo tipo. Nese acto farase entrega do premio do 8 de marzo á persoas comprometidas coa defensa da igualdade e dos dereitos das mulleres.