
Con motivo do día 10 de marzo Galiza Nova vén de editar unha serie de material para denunciar a situación laboral da mocidade galega tal e como se recolle no lema: contra o paro xuvenil e a precariedade: traballo digno e na Terra!. Galiza Nova distribuirá este material durante as concentracións que a CIG realizará por todo o país o vindeiro mércores e nos actos propios que se realizarán nalgunhas comarcas, como a de Ourense. Nesta cidade a nosa organización organiza unha mesa redonda o Xoves, 11 de marzo ás 20h. no ATENEO e unha actuación musical de Roberto Sobrado o vernes 12 ás 23 horas no Trampitán (Praza Maior).
As manifestacións convocadas pola CIG, que Galiza Nova apoia, baixo o lema "O emprego, os salarios e as pensións deféndense loitando" son as seguintes:
A Coruña: Ás 20:00 horas da Praza da Palloza.
Compostela: Ás 20:00 horas da Praza Roxa.
Lugo: Ás 20:00 horas da Ronda da Muralla (local CIG).
Ferrol: Ás 20:00 horas da Avda de Esteiro (local CIG).
Ourense: Ás 20:00 horas, do Pavillón dos Remedios.
Pontevedra: Ás 20:30 horas da Praza da Ferrería.
Vigo: Saída ás 20:00 h da Vía Norte.