Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Coloquio sobre Galiza Nova na Guarda

Nova: Coloquio sobre Galiza Nova na Guarda
09/03/2010

O próximo sábado, 13 de marzal, terá lugar no local da organización na Guarda (Rúa Manuel Lomba 2, 1º) unha charla coloquio sobre que é Galiza Nova. O acto está destinado para toda a mocidade en xeral mais especialmente a todas as mozas e mozos que se están a achegar á nosa organización. No mesmo intervirá o responsabel comarcal de Galiza Nova no Baixo Miño, Josué Campos Lages, e haberá tempo para o coloquio, as preguntas e achegas que as e os asistentes queiran facer. Se podes achégate a coñecer Galiza Nova!