
A Plataforma Rumbo 21 fixo un chamamento a todos os sectores e colectivos da comarca de Ferrolterra e de Galiza en xeral para que participen da manifestación que teñen convocada para o vindeiro 28 de marzo. Hoxe día 2 de marzo ás 19:00h terá lugar a xuntanza preparatoria desta mobilización na Galería Sargadelos de Ferrol. Despois dos traballos da ILP para que a antiga Astano poidara volver á construcción naval civil, da perda de poboación na comarca e do desmantelameto do sector naval en Galiza, a Plataforma convoca esta mobilización: En defensa do emprego. Por un sector naval con futuro. Levantamento do veto xa. Galiza Nova amosa o noso total apoio, ao igual que o BNG, a esta plataforma e facemos un chamado á mocidade da comarca para que se mobilice polo futuro de Ferrolterra.