
Logo de que o PP retrasase durante varias semanas o debate sobre a admisión a trámite da ILP de Queremos Galego na Mesa do Parlamento, finalmente na reunión de onte, luns 8 de marzo, foi rexeitada. PP e PSOE aliáronse para impedir que a Iniciativa Lexislativa Popular na defensa do idioma propio da Galiza puidese seguir o seus trámites para ser debatida no Parlamento galego despois da recollida das sinaturas necesarias. Ante esta nova agresión contra o noso idioma, a Plataforma Queremos Galego convocou unha conferencia de prensa hoxe ás 17:00 horas na Galería Sargadelos de Santiago de Compostela á que Galiza Nova asistirá.