Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Non imos parar ante o rexeitamento da ILP na Mesa do Parlamento!

Nova: Non imos parar ante o rexeitamento da ILP na Mesa do Parlamento!
09/03/2010

Galiza Nova participou da rolda de prensa que hoxe pola tarde ofreceu a Plataforma Queremos Galego para denunciar os motivos politicos que levaron á non admisión a trámite da Iniciativa Lexislativa Popular da Plataforma. Nesta rolda de prensa anunciouse o comezo dunha campaña de recollida de firmas para "garantir os dereitos lingüísticos" dos galegos, que levará a cabo "coa mesma metodoloxía estrita" que require dita proposta a pesar da súa non admisión a trámite pola Mesa do Parlamento a iniciativa do PP". Aínda que a Mesa da Cámara achacou a motivos xurídicos esta non admisión o certo é que estes argumentos non convencen a ninguén dado que a Plataforma foi elaborada co apoio de xuristas para garantir a súa plena legalidade. Malia estes impedimentos poñerase en marcha unha Iniciativa Popular proximamente da que vos manteremos informadas e informados. Pola nosa lingua, nin un paso atrás!