
Como xa informamos na nova relativa ao 10 de marzo, no marco da campaña que baixo o lema Contra o paro xuvenil e a precariedade: traballo digno e na Terra! Galiza Nova organiza o vindeiro xoves, 11 de marzo, no Ateneo de Ourense unha mesa redonda. Na mesma abordaranse cuestións relacionadas co emprego xuvenil na Galiza. Do mesmo xeito, o venres, 12 de marzo, ás 23:00 horas terá lugar no Trampitán (Praza Maior) unha actuación musical a cargo de Roberto Sobrado. Recordámosche este acto para que poidas asistir e te sumes a nós na denuncia da situación laboral da mocidade galega.