Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Galiza Nova emitirá dúas curtametraxes ao mes ata xullo en diferentes localidades do Baixo Miño

Nova: Galiza Nova emitirá dúas curtametraxes ao mes ata xullo en diferentes localidades do Baixo Miño
09/04/2010

O próximo venres 9 de abril de 2010, Galiza Nova no Baixo Miño porá en marcha o Curtamiño 2010, un certame de curtas puramente galego no cal se proxectarán dúas curtametraxes ao mes dende abril até xuño en diferentes localidades da comarca miñota como A Guarda, Tui ou Tomiño. As dúas primeiras serán"Metal en Loita” e “Lección de Dignidade”, o venres día 9 de abril de 2010 ás 00:00 h no bar Pool Chaos da Guarda (Transversal do Bouzo nº 18 baixo. Os osbxectivos de Curtamiño nesta segunda edición continúan a ser os mesmos: achegar obras en galego a toda a cidadanía, en especial a mocidade e desta maneira, concienciar a sociedade de que temos dereito a disfrutar dun cinema de calidade como o noso, feito na Galiza e en galego.