
Galiza Nova na comarca da Costa da Morte organiza o vindeiro venres 9 de abril, no Bar Sirena (Corcubión) un acto co que se pretende dar a coñecer a nosa organización entre as mozas e os mozos da comarca dada a cantidade. A continuación podes ver a programación. Agardámoste!
-21:00h. Acto Público presentación de Galiza Nova!!
· Rafa Mouzo (Histórico alcalde nacionalista de Corcubión)
· Manuel Antelo (ex-secretario xeral de Galiza Nova, Vimianzo)
· Martiño Santos (ex-secretario xeral de Galiza Nova, Corcubión)
· Iria Aboi (Secretaria xeral de Galiza Nova)
-A continuación, ofreceránse uns pinchos e haberá diversas actividades para todos os asistentes.
-Intervención de Iria Aboi (Secretaria Xeral de Galiza Nova)
- A partir das 23:00h. disfrutaremos do mellor rock en galego coa actuación en directo de Zënzar e os seus colaboradores.