
Logo do éxito das primeiras, Galiza Nova na comarca da Barbanza organiza as II Xornadas de portas abertas na Casa da Xuventude de Boiro. Terán lugar o vindeiro sábado 10 de abril, desde as 16:00 ata as 21.00 horas. Con esta actividade a nosa organización quere deixar patente a demanda que por parte da mocidade hai da necesidade dunha Casa da Xuventude nos Concellos de Ribeira e Rianxo, tal e como desde Galiza Nova levamos tempo reivindicando. Con un contido diversificado, as II Xornadas contarán novamente coa colaboración do Concello de Boiro e do proxecto Leña Verde. Anímate a acudir!