
Galiza Nova estará presente o vindeiro luns 12 de abril ás 10:00 horas na concentración convocada polos COMITÉS diante do xulgado número 1 de Lugo. O motivo desta convocatoria non é outro que o de amosar a solidariedade cos membros da organización estudantil que o pasado 19 de novembro de 2008, no transcurso dunha manifestación en defensa da universidade pública galega, convocada por esta organización noutros campus do país e que Galiza Nova apoiou, foron vítimas dunha carga policial e posteriormente acusados de coaccións e atentado á autoridade por rematar a súa protesta diante da Subdelegación do goberno en Lugo. Desde Galiza Nova consideramos que este enxuizamento é inxusto e vai encamiñado á buscar a criminalización do nacionalismo e das mobilizacións que organizamos e por iso facemos un chamamento á acudir a esta convocatoria.