Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Xa queda menos para o Festival contra o Decretazo do PP!

Nova: Xa queda menos para o Festival contra o Decretazo do PP!
12/04/2010

Xa falta menos para a celebración do Festival contra o Decretazo do PP que Queremos Galego organiza para o vindeiro sábado 17 de abril a partir das 19.30 horas no Recinto Feiral de Pontevedra. Aínda estás a tempo de facerte coa túa entrada a través de http://www.queremosgalego.org/. Nesta páxina atoparás os puntos de venta para asistir a un concerto histórico no que participan 15 grupos galegos (Berrogüetto, Fuxan os Ventos, Luar na Lubre, Espido, A Quenlla...e moitos máis) Non faltes, porque nas aulas da Galiza queremos galego!