
Ao igual que noutras ocasións Galiza Nova vén de asistir á manifestación en defensa da sanidade pública convocada o pasado venres 16 en Pontevedra á que asistiron miles de persoas da area sanitaria norte da Provincia así como cidadáns e plataformas en defensa da sanidade doutros lugares de Galiza. A nosa organización levou unha faixa na que se podía ler “a mocidade galega na defensa da sanidade pública” e berramos consignas como “Queremos inversións en Montecelo, non que a Xunta nos tome o pelo”. Dende Galiza Nova opoñémonos ao anuncio da Conselleira de Sanidade do PP de construír un novo hospital privatizando os servizos sanitarios e reclamamos que esa millonaria inversións se faga no hospital Montecelo. Vai a esta nova se queres coñecer máis da manifestación.