Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Na defensa dos servizos públicos!

Nova: Na defensa dos servizos públicos!
23/04/2010

O vindeiro domingo 25 de abril ás 12:00 horas desde a Alameda de Compostela vai ter lugar unha manifestación en defensa dos servizos públicos. Ante a política privatizadora que o PP está a desenvolver desde o goberno da Xunta de Galiza sairemos á rúa para esixir que neste contexto de crise é necesario reforzar o seu investimento e non ir cara ao seu desmantelamento. As mozas e mozos sabemos desta política xa que o ensino público está a sufrir os recortes orzamentarios que está a aplicar o Partido Popular nos comedores, nos libros de texto e que non aplica á hora de subvencionar millonariamente ao ensino privado.Desde Galiza Nova chamamos as mozas e mozos galegos a sumarse a esta convocatoria, conscientes de que soamente cunha verdadeira rede de servizos públicos poderemos ter garantida unha mellora nas nosas condicións de vida. Súmate a nós!