
Galiza Nova estará presente nas manifestacións convocadas pola CIG para o vindeiro 1 de Maio, Día Internacional da clase traballadora. Co lema Contra o paro xuvenil e a precariedade, traballo digno e na terra! desde a nosa organización queremos denunciar a situación laboral que sofre a mocidade no noso país, caracterizada polas elevadas taxas de paro e precariedade laboral, que no contexto actual de crise económica se teñen agravado. Porque desde Galiza Nova consideramos vital para Galiza e o futuro da xente nova un cambio de rumbo nas actuais políticas sociais animámoste a que te sumes a nós nestas reivindicacións acudindo ás manifestacións da CIG que se detallan a continuación:
Manifestacións
Vigo, ás 12:00 h con saída do Cruce da Doblada.
Coruña, ás 12:00 h con saída da Praza de Vigo
Santiago, ás 12:30 h con saída da Praza Roxa
Pontevedra, ás 12:30 h con saída da Praza da Ferrería
Ferrol, ás 12:00 h con saída da Avda. de Esteiro
Lugo, ás 12:30 h con saída da Ronda da Muralla
Ourense, ás 12:00 h con saída do Pavillón dos remedios
Ribadeo, ás 12:30 h con saída do Edificio Sindical
Ribeira, ás 12:30 h con saída do local da CIG.
Alén disto informámoste tamén de que ao remate da manifestación de Compostela haberá un xantar que terá lugar na Carballeira de San Lourenzo. Os prezos son de 10 € para persoas que estexan traballando e de 6€ para persoas que estexan paradas ou sexan estudantes. Podes anotarte no 981-583-200.