
Galiza Nova estará presente o vindeiro venres 30 de abril no acto que a Comisión de Mulleres do BNG no Morrazo organiza no Centro Sociocultural de Moaña baixo o nome 125 camelias a Rosalía. No mesmo contarase coa participación de María do Pilar García Negro no relatorio Rosalía de Castro: o clamor da rebeldía, haberá diversas intervencións poéticas, entre as que estará a da secretaria xeral de Galiza Nova, Iria Aboi, e tamén diversas actuacións musicais como a do Grupo Adonainare, entre outras. Desde Galiza Nova animámoste a acudir a este acto co que queremos lembrar a figura de Rosalía de Castro, símbolo na loita polos dereitos de Galiza e precursora do feminismo na nosa nación, no ano non cal se cumpre o 125 aniversario do seu pasamento.