
O pasado venres 30 de abril Galiza Nova estivo a recoller sinaturas a prol da ILP en defensa do galego na rúa Bispo Aguirre de Lugo. Así mesmo, o sábado 1 de maio, no Concerto pola lingua organizado desde a Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo, Galiza Nova estivo presente coa colocación dun posto desde o cal distribuimos material diverso e até o cal se achegaron numerosas mozas e mozos para coñecernos e desfrutar da música na nosa lingua. Nos vindeiros días Galiza Nova continuará a realizar diversas actividades coma estas ao longo de todo o país, dirixidas a concienciar á mocidade na necesidade da defensa da nosa lingua. Súmate a nós!