
Coa campaña “ A nosa nación, a nosa selección. Oficialidade para as seleccións galegas!” desde a nosa organización levamos xa organizadas múltiples actividades ao longo de todo o país, coas que queremos reivindicar a oficiliade para nosas seleccións deportivas. Isto é algo que a día de hoxe se nos nega, como puidemos comprobar coa decisión do PP no goberno da Xunta de Galiza suprimindo o partido da Selección Galega de fútbol. No marco desta campaña o vindeiro sábado, 15 de maio, Galiza Nova na comarca do Baixo Miño organiza, en colaboración co BNG e co Bar Casa Parroquial de Tomiño, un campionato de futbolín a prol da oficialidade das seleccións deportivas galegas. A inscripción ten un custe de 5 € por persoa (10 € por parella) e consistirá nunha liguiña preliminar de grupos para despois pasar a unha fase eliminatoria. Comezará ás 18:00 horas no Bar Casa Parroquial de Tomiño e haberá importantes premios para as tres primeiras parellas. Anótate xa no: galizanovabaixominho@hotmail.com ou chamando aos teléfonos 986-609-009/671-922-267.