
Galiza Nova na comarca do Salnés organiza o “Concerto pola lingua”. Coas actuacións de Skalopendra e Maino, terá lugar o vindeiro venres 14 de maio, a partir das 23:00 horas na Praza da Peixería, en Vilagarcía de Arousa. Porque no Salnés tamén queremos galego, non faltes e vén con Galiza Nova a desfrutar da música na nosa lingua!