Benvidos á paxina web de Galiza Nova

O que está ao norte do Miño é Galiza e non España!

Nova: O que está ao norte do Miño é Galiza e non España!
08/05/2010

A raíz da situación creada ante o feche que, desde o pasado 28 de marzo, están a realizar os Serviços de Atendimento Permanente dalgunhas localidades portuguesas, a Comissâo de Utentes do Centro de Saúde de Valença ten dirixido á Galiza diversas mostras de agradecemento ao poder empregar os servizos sanitarios de Tui. Estes agradecementos téñense manifestado mediante a colocación de bandeiras españolas polo que desde Galiza Nova na comarca do Baixo Miño vimos de enviar unha nota de prensa, dirixida aos medios de comunicación portugueses, na cal solicitamos á poboación portuguesa que non se deturpen os nosos sinais de identidade e respeten o carácter nacional de Galiza, lembrándolles que o que está ao norte do Miño é Galiza e non España.