
O vindeiro venres 21 de maio Galiza Nova en Barcelona organiza unha charla-coloquio con motivo do día das letras. A charla titularáse Dous modelos para a lingua: os exemplos catalán e galego e será ás 20:00 horas no Centro Galego de Barcelona (La Rambla, 35-37) O obxectivo do acto é comparar a política lingüística, as reivindicacións e o modelo educativo, no que á lingua respecta, en Catalunya e en Galiza. Nela falará o senador do BNG, Xosé Manuel Pérez Bouza, o filólogo galego na Universitat Autónoma de Barcelona, Paulo Filgueiras, a filóloga galega na UB e unha representante da plataforma “Defensem la llengua gallega”, Ana Escourido, e o profesor de lingua catalá, Xabier Breil. Non faltes!