
No marco das actividades en defensa da lingua, que desde Galiza Nova estamos a realizar, o vindeiro sábado, 12 de xuño, terá lugar a derradeira pinchada de música en galego que a nosa organización impulsou na comarca de Ourense ao longo deste mes. Desta volta terá lugar na Esmorga entre as 00 horas e as 2 horas. Achegate ata alí e desfruta con Galiza Nova da música na nosa lingua!