Benvidos á paxina web de Galiza Nova

Actividades de Galiza Nova en Barcelona!

Nova: Actividades de Galiza Nova en Barcelona!
18/06/2010

O vindeiro venres 18 de xuño, Galiza Nova organiza en Barcelona unha charla-coloquio na que contaremos coa presenza de Ana Miranda e de Oriol Junqueras (Eurodiputado de ERC). Terá lugar na Sala Ferrío do Centro Galego de Barcelona (La Rambla 35-37) e os relatorios irán dirixidos a analizar as reivindicacións nacionais galegas e catalás no marco da UE. Así mesmo, o sábado 19 de xuño Galiza Nova organiza tamén, conxuntamente coas JERC do Baix Llobregat, o segundo encontro de fútbol Galiza – Catalunya, para reivindicar a oficialidade das nosas seleccións nacionais e que ademáis servirá de inauguración para a Secció Local d’El Papiol das JERC. O encontro terá lugar ás 18:00 horas no Polideportivo de El Papiol. Agardámoste!