
Galiza Nova participou na mañá de onte, martes 22 de xuño, da concentración convocada por difererentes organizacións feministas diante do Parlamento Galego ante o debate da Iniciativa Lexislativa Popular impulsada por asociacións antiabortistas. Finalmente esta ILP saíu aprobada unicamente cos votos favorábeis do PP, o que virá a supor a creación dunha rede “para a protección da maternidade” en mans de asociacións antiabortistas financiada con cartos públicos. Desde a Asemblea de Mulleres de Galiza Nova consideramos que a aprobación deste texto constitúe o maior retroceso en décadas na loita feminista, xa que contribúe á criminalización da muller que decide abortar e vai en contra do seu dereito a decidir. Por todo isto, dede a nosa organización seguiremos a opornos a medidas coma estas. Súmate a nós!