
O vindeiro sábado 26 de xuño Galiza Nova en Celanova-Baixa Limia participará dos actos convocados pola “Plataforma en defensa do uso público do Mosteiro de Celanova”, ante a intención do Concello de desaloxar ao IES e ao Centro de Servizos Sociais do Mosteiro para proceder a súa privatización. Estes actos desenvolveranse ao longo da tarde coa programación que recollemos a continuación. Súmate a nós!
- 17:30 horas: presentación do libro En defensa do Poleiro. A voz dos escritores galegos en Celanova reclama o uso público do mosteiro.
- 18:30 horas: presentación do vídeo promocional do IES de Celanova O IESPLICABLE, realizado por encargo da Plataforma e dirixido por Bruno Nieto.
- 19:00 horas: Manifestación que transcorrerá pola rúas da vila. Ao remate da mesma lerase un manifesto na Praza Maior.